NOCKO
Well-Known Member
Saludos os mando esto a ver si podeis echar una mano, esta en gallego,si podeis pasarlo a familiares,por correo a amigos o webs, y firmar, se trata de poner vuestros datos y enviar esto a los 2 mails ke vienen ahi,uno a la conselleria de medio ambiente de Galicia y otro a al funcionario local de la diputacion local de Pontevedra de conservacion de la naturaleza, muchas gracias necesitamos dar fuerza a esto, para evitar la destruccion de este espacio tan singular.
Olá!
Convido-vos a moverdes o esquelete por um recuncho das Ribeiras do Louro. Esta semana finaliza a paralizaçom transitória da extracçom de áridos decretada pola Conselharia do Ambiente na contorna da barreira e da turfeira do Cerquido, o lugar mais valioso da zona junto com a Lagoa de Budinho.
A paralizaçom deveu-se a que estava a criar a andorinha das barreiras pero agora que marchou começaram a moverem terra.
Se queredes colaborar, enviade urgentemente o texto do final pondo os vossos dados e um cabeçalho a estes correios electrónicos:
Conselheiro do Ambiente, Manuel Vázquez: conselleria. medio.ambiente@ xunta.es
Funcionário da Delegación Provincial do Serviço de Conservaçom da Natureza de Ponte Vedra: jose.manuel. araujo.fernandez @xunta.es
Nom topei mais pero fariam falta o do Conselheiro de Indústria, o do Director Geral de Indústria, Energia e Minas e o da Subdirecçom Geral de Recursos Minerais tanto de Compostela como da Delegaçom de Ponte Vedra. Também da Direcçom Geral de Conservaçom da Natureza (Xosé Benito Reza).
Também podedes apresentar o texto polo registro da Junta enviando-o aos Conselheiros, Directores Gerais e à Delegaçom Provincial de Ponte Vedra tanto da Subdirecçom Geral de Recursos Minerais como do Serviço de Conservaçom da Natureza.
Ou mesmo chamar por telefone (o directório está na web de cada conselheria) .
Velaquí:
DIRIXIDO A............ ......... ......... ......... ......... ......... .......
............ ......... ......... ........ con billete de identidade.. ......... ......... ......... ..... , en representació n de.......... ......... ......... ......... ......... ......... ....
EXPOÑO
1. Que no lugar do Cerquido, parroquia de Santo Estevo de Budiño, concello do Porriño existe unha explotación de áridos (coordenadas: x=531000, y=660850).
2. Que a superficie ocupada por esta explotación se acha dentro do espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro malia que no ano 2004 foi desanexada da Rede Natura permanecendo como SRPEN no PXOM do Porriño.
3. Que como resultado da actividade extractiva formáronse dúas barreiras que, tralo abandono da actividade, foron colonizadas por unha grande cantidade de flora e fauna do espazo protexido. Entre a fauna destacaba a presenza do sapoconcho (Emys orbicularis ), especie en perigo de extinción segundo se recolle no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007) e de Interese Comunitario segundo a Directiva 92/43 CEE o que obriga a designar Zonas de Especial Conservación e a fornecerlles unha protección estrita.
4. Que no ano 1998 unha das barreiras foi aterrada sen aviso previo e con materiais alleos á explotación o que provocou a morte de 13 dos 20 sapoconchos que moraban nela.
5. Que dende aquela até agora véñense facendo movementos esporádicos de terra, pensamos que co único fin de evitar a caducidade da concesión, entre outras cousas, para favorecer a reclasificació n do SRPEN a Solo Industrial.
6. Que na actualidade a Subdirección Xeral de Recursos Minerais está a solicitar do concesionario a extracción de áridos sen ter en conta os graves prexuízos ambientais que isto vai ocasionar. En concreto:
a. Eliminaríase o talude de terra que separa visual e acusticamente o espazo protexido da autovía Porriño-Tui.
b. Neste talude aniña todas as primaveras e veráns a andoriña das barreiras ( Riparia riparia), especie que ten neste lugar a única poboación estival do espazo protexido e unha das poucas da Galiza.
c. Que baixo este talude vive a única poboación por nós coñecida da outrora abondosa planta carnívora chamada papamoscas ou rorella ( Drosera rotundifolia). Calquera modificación do terreo provocaría a desaparición desta poboación.
d. Que hai pouco foi visto na barreira un xuvenil de garza imperial (Ardea purpurea) especie catalogada de Interese Especial pola Directiva 79/409/CEE o que é mostra da potencialidade deste lugar.
e. Que a barreira e as zonas anexas son utilizadas polo sapoconcho (especie para a que se esixe un Plano de Recuperación dada a súa crítica situación a nível galego) a pesar das alteracións ilegais sufridas na contorna no ano 2004 (construción dun muro de pedra, alongamento dunha pista encol dos hábitats prioritarios da Turbeira do Cerquido e atoamento do rego que comunicaba a barrreira coa turbeira).
f. Que na turbeira citada moran tres plantas en perigo de extinción a nível galego e rexistradas no Libro Vermello da Flora Vascular Ameazada de España.
Sabendo que a continuación da explotación non reportará beneficio económico nengún e, en troca, producirá un impacto ambiental crítico e de acordo coa lexislación ambiental vigorante SOLICITO:
A paralización da explotación e a expropiación dos terreos afectados ( 1,4 ha).
A reincorporació n dos mesmos e de toda a zona situada entre a Turbeira do Cerquido e a autovía á Rede Natura da que formou parte até o ano 2004.